Necesitas axuda?
Chámanos: 625 303 026
Sobre nos
Ayaso Sobrido, S.L., somos unha empresa de Ribeira dedicada á construción e reforma desde o 2003. Con paixón polo noso traballo, experiencia e compromiso, ofrecemos sempre a mellor solución a toda clase de proxectos.
Encargámonos de tódolos traballos relacionados co noso sector: construcción vivenda, reforma, rehabilitación, impermeabilización, cantería... Prestamos os nosos servizos en Ribeira, no Barbanza, en Porto do Son e na Pobra do Caramiñal.
O noso propósito é cubrir a demanda do cliente que busca calidade e profesionalidade nun sector maltratado e cheo de prexuízos. Contacta con nós e solicita orzamento sen compromiso.
A nosa filosofía
A nosa empresa combina a mellor tecnoloxía coas últimas técnicas. En Ayaso Sobrido, S.L., preocupámonos de lograr resultados excelentes sen descoidar nin a estética nin a calidade de cada acabado.
Deste xeito, conseguimos ofrecer solucións adaptadas ás esixencias de cada cliente nun mercado que está en continuo proceso de evolución.
A filosofía de Ayaso Sobrido, S.L., é superar as expectativas do noso cliente e conseguir a súa satisfacción, independentemente do tamaño ou tipo de obra.
Os nosos traballos
En Ayaso Sobrido, S.L., destacamos pola paixón e compromiso pola nosa actividade. Por iso e como consecuencia de vivir sempre relacionados con este sector, sabemos o que necesitan os nosos clientes e cubrimos ata o máis mínimo detalle.
Aos traballos principais de construción súmanse os servizos facilitados polos nosos colaboradores habituais: elaboración e deseño de proxectos, carpintería, fontanería, domótica, climatización...
Contactar